|
Nesta
sección só pretendo da-la miña
opinión, persoal e subxectiva, case
sempre sen me apoiar en datos,
estatística nin matemática, sobre aquilo
que poida afectar
directa ou indirectamente ó Celta
e, ás veces, a Vigo.
Non
son o autor de Planeta
Celta, só un colaborador, e o autor
non ten por que estar necesariamente de
acordo comigo (de feito, non o ha de estar
moitas veces) nin, moito menos, verse
afectado ou pagar as consecuencias do que
eu escriba.
Serán,
xa que logo, percepcións, sensacións e
impresións persoais sen máis valor -nin
menos- có que poidan ter as de calquera
(profetas radiofónicos e televisivos
incluídos); máis ou menos o que fai
Armando Álvarez no Faro.
Se
o gladiador da película ía á batallas
dicindo strength
and honour, despídome eu cun afouteza
e corazón.
Pois
iso. |